Análise comparativo da carreira de velocidade:

Antes de comezar déixovos o enlace ao blog do meu amigo e compañeiro Alejandro Prados, pois sen el este artículo non sería posible, aquí está o seu blog, pasádevos por alí.


 Saída:

Para empezar a nosa análise, fixemos unha saída de pé,  sen tacos, cando en todas as carreiras de velocidade úsanse tacos e distínguense claramente tres fases, as cales non levamos a cabo.

Técnica de carreira pola nosa parte:

Alejandro

-Amortiguamento: Non debe realizar unha pisada tan lisa, senon que deberá aproximar máis o talón o chan.

-Apoio: Realizar unha flexión de perna máis extendida

- Impulso: Non leva os brazos suficientemente flexionados, para realizar unha técnica de carreira máis eficiente.

- Vuelo: Prolongar máis as pernas cara arriba para ter unha mellor amplitude de zancada.

Juanma



- Amortiguamento: Adoita pisar ca punteira, debe correxir isto para una técnica máis económica.

- Impulso: Movemento de brazos en demasiado ángulo.

-Vuelo: Intentar dar zancadas maiores, pois dá zancadas miúdas e rápidas, debe intentar alongalas.





Para facer unha correcta saída, os corredores deben colocarse dunha determinada maneira:
 
- Técnica correcta de saída:

Resultado de imagen de a sus puestos carreras1. Aos seus postos

- O corredor, que se atopa tras os tacos, debe estar apoiado sobre a punteira dos dedos, cas mans separadas e á distancia dos hombros.

- Brazos perpendiculares e extendidos.

- Xeonllo de atrás apoiado no chan. 

- Xeonllo dianteiro no aire.

Imagen relacionada2. Listos: Cambia pouco da anterior fase. As cadeiras ascenden un pouco sobrepasando as líneas dos hombros, desplazándose cara adiante para romper a inercia na saída.

- O peso do corpo cae sobre as mans

- Os pés fan presión sobre os tacos

- O atleta toma aire e reteno.

- As mans soportan máis do 60% do peso do corpo e o resto o pé adiantado.

Imagen relacionada
 3. Disparo: Presión das pernas sobre os tacos ( primeiro a perna de atrás). Exténdese totalmente a perna dianteira cando o xeonllo da de atrás se adiante.
O brazo que corresponde ao da perna dianteira diríxese adiante mentres o outro vai atrás.

Durante os primeiros pasos aumenta a velocidade, xa que aumenta a amplitudad.

A mirada e o tronco vanse levantando ( non se debe adoptar a posición de carreira ata os 10 ou 15 primeiros pasos)

 Hai que buscar que os apoios caian practicamente sobre unha mesma liña e evitar a saída en zig-zag.
Técnica de saída completa:
Resultado de imagen de salida de 100 y 200 metros lisos


Nos 200 metros os atletas saen de forma escalonada na segunda liña da curva da pista comenzando dende a liña de chegada, xa que na curva dependendo da calle serían de diferentes medidas.

Técnica correcta das fases de carreira:

- Amortiguamento: O corredor toma contacto co chan ca zona do pé. A medida que o centro de gravidade desplázase cara adiante, o pé vai rodando cara o interior, o mesmo tempo no que o talón vaise aproximando o chan.

- Apoio: É o tempo durante o cal a perpendicular trazada desde o centro de gravidade coincide ca base de sustención do corredor. A perna correspondente está flexionada nas súas tres articulacións e o pé encóntrase en contacto co chan con todo o metatarso.

-Impulso: Unha vez que o centro de gravidade sobrepasa a perpendicular trazada desde o seu punto de apoio, exténdense as articulacións, finalizando ao abandonar a puunta do pé no chan. Esta acción desplaza a masa do corredor adiante e arriba.

-Vuelo: Finalizado o impulso o pé perde control co chan, e a perna inicia unha acción de recollida.
Resultado de imagen de fases atletismo


Posición do corpo correcta:

- Posición do tronco: Debe facilitar o movemento das extremidades. Débese realizar unha lixeira inclinación do tronco cara adiante, a variación depende da velocidade do atleta.

- Posición da cabeza: A cabeza deberá manterse en prolongación co tronco. Os músculos da cabeza terán que manterse ca menor tensión posible.

- Acción dos brazos: A función destes consiste en coordinar os seus movementos cas extremidades inferiores equilibrándoos de forma rítmica. Os brazos soen estar flexionados nun angúlo de entre 80 e 100 grados aproximadamente.






Nos 400 metros os atletas saen de forma escalonada polo mesmo motivo que polos de 200 metros, pero gardan máis distancia por pista.

A continuación as diferentes saídas de carreira, entre outras:
Resultado de imagen de plano de pista de atletismo salidas

Comentarios

Entradas populares de este blog

¿Por qué estoy estoy estudiando para ser técnico deportivo?

Evaluación de Mejor Blog

Autoevaluación de la unidad didáctica de carreras